O Concello de O Corgo organiza a XI Carreira Popular Concello de O Corgo-Memorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río. A proba organizarase o vindeiro Sábado 19 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do río Chamoso do Concello de O Corgo.
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Inscrición: Ata o 17 de outubro ás 23:50 napáxina web.
Retirada de Dorsais: Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída de cada proba.
Premios:
- Premios en metálico
- Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
- Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
- Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
- Entregarase un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller de cada categoría empadroado no Concello do Corgo.
Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Camiseta para todos/as o/ass participantes.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Vestiarios e duchas nas instalacións da praia fluvial.
6. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
7. Avituallamento líquido no km 5 para a carreira de adultos.
8. Zona de lecer para os nenos.
9. Ambulancia con médico.
Patrocina: Grupo Leche Rio
Colaboran: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo), Torre de Núñez, Correduría de seguros Nubeiro, Restaurante Recuncho do Chamoso, Abanca.