Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Coruña, domingo 17 febreiro 2019

XI MEDIO MARATÓN CORUÑA 21

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MASTER 62 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
SENIOR 37 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
SUB 23 0 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
SUB 20 0 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
Inscribirme Total: 99 inscritos
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 17 de febreiro de 2019 o XI Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.  
 
HORARIO: A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas.  
CIRCUÍTO: O percorrido está situado no centro urbano da cidade da Coruña. O circuíto está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). 
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: A carreira estará controlada polos xuíces da Real Federación Española de Atletismo e da Federación Galega de Atletismo a través do seu Comité Galego de Xuíces. 

INSCRICIÓNS CON BONIIFCACIÓN: 50 % para persoas maiores de 65 anos, posuidoras do carné xove e desempregadas. Para acreditar estas circunstancias, é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de inscrición online ou na folla de inscrición presencial e enviarlle os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@carreirasgalegas.com 
  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
  • Posuidoras do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira, ou unha fotocopia da tarxeta de desemprego.

O prazo para enviar os documentos por correo electrónico remata ás 23:59 h do 3 de febreiro do 2019. 

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o venres 15 e sábado 16 de febreiro. Informarase aos/ás corredores/as inscritos/as do lugar e do horario da entrega.