A Pobra do Caramiñal, domingo 29 agosto 2021

XII CARREIRA POPULAR CONCELLO A POBRA DO CARAMIÑAL

O domingo 29 de agosto de 2021, terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a 12ª edición da Carrreira popular deste Concello, organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo.
A carreira contará co protocolo Anticovid -19 (FISICOVID – DXT GALEGO)
As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 26 de agosto ás 14 horas.
 Límite máximo de participantes:
- 50 participantes en cada unha das seguintes categorías: Sub 8, Sub 10, Sub12, Sub 14 e Sub 16
- 400 participantes nas categorías de adultos (de Sub 18 a Máster)
 Os prezos de inscrición serán os seguintes:

INFORMACIÓN: Para máis información poderán acudir ao Dpto. de Deportes do Concello da Pobra do Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no horario de 9:30h a 14:30h. Para información telefónica: 981832590/981831545 ou o teléfono móbil 619229946.


RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Maior da Pobra do Caramiñal ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS: A saída das probas estará ubicada na rúa Anxo Rei Ballesteros. A meta
estará ubicada no interior da Praza Alcalde Segundo Durán.
As saídas realizaranse de 10 en 10 atletas en intervalos de 20’’, según os horarios previstos.