O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 7 de outubro de 2018 na Coruña a XI Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.
INSCRICIÓN: ata as 23.59 horas do 30 de setembro de 2018 (Prazo de inscrición reducido, ampliado atao o 26 de setembro)
ENTREGA DE DORSAIS: Poderanse recoller no Departamento de Deportes de El Corte Inglés ubicado na rúa Ramón y Cajal, 57 e 59 (A Coruña), nos seguintes días e horarios:
- Venres 5 de outubro, de 17 h a 21.30 horas
- Sábado 6 de outubro, de 10.00 a 21.30 horas.
De xeito extraordinario, e para todas as e os atletas residentes fóra da cidade, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 7 de outubro, ata unha hora antes do comezo da proba, na zona da saída da proba popular. Aconsellamos, a recollida anticipada para evitar aglomeracións de última hora.
AVITUALLAMENTOS: Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta para favorecer a hidratación dos/as participantes.
SERVIZOS, DUCHAS E GARDARROUPA: Estará dispoñible o servizo de duchas ao finalizar a carreira no Palacio de Deportes de Riazor.