Bande, domingo 29 agosto 2021

XIII ANDAINA - VI TRAIL CONCELLO DE BANDE

Data: Domingo, 29 de agosto do 2021
Hora: a partir das 9:00h.
Lugar: Praza da Constitución (Bande).
Distancias:
- Andaina aproximadamente 16 Km.
- Trail corto aproximadamente 16,5 km
- Trail largo aproximadamente 26,5 Km

Inscrición: Límite 350 inscritos que poderán variar segundo a normativa do COVID 19 do momento. 

Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores (na andaina no hai mínimo de idade, sempre que os/as menores vaian acompañados por un/unha titor/a).

Recollida de dorsais: A organización con antelación suficiente facilitara a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento.
26 e 27 de agosto en Ourense na rúa Picasso, nº12 – 32002 O Couto, en horario de 10:00h. a 13:00h.
28 de agosto na praza da Constitución de 10:00h. a 13:00h. e de 16:00h. a 20:00h.
O propio día, 29 de agosto, dende as 8:00h. ata 15 minutos antes da saída de cada corredor. 

É moi importante que os participantes lean o protocolo AntiCovid19 e que a hora de recoller o seu dorsal traian asinada a “Declaración responsable”. Sen esa declaración asinada non se lle poderá facer entrega do dorsal.