DATA: 30 DE DECEMBRO DE 2018. Proba incluída no calendario da FGA
HORARIO: Saída ás 11 da mañá do Colexio público CEI As Mirandas de Ares.
LUGAR: Acreditacións e meta na pista exterior do colexio público As Mirandas de Ares
DISTANCIA A PERCORRER: 10,5 km.(non homologados)
IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
INSCRICIÓNS: Ate as 23:59 do 26 de decembro. Número máximo de prazas 500.
RETIRADA DE DORSAIS: No Complexo Acuático do Castro ( Franza-Mugardos), dende as 17h do día 27 de decembro ata as 20h do día 29 de decembro, no horario da instalación deportiva ( de 8 a 13,30h polas mañás e de 16 a 22,30h polo serán). O mesmo día da proba de 8,30 a 10,30h na pista exterior do colexio público As Mirandas de Ares. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.