Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Coruña, domingo 03 outubro 2021

XV CARREIRA POPULAR CORUÑA 10

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 10KM 1400 inscritos 00:00 10 km 19/09/2021 6,00 1400 plazas
23/09/2021 10,00
26/09/2021 20,00
Inscrición pechada Total: 1400 inscritos
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 3 de outubro de 2021 na Coruña a XIV Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano. 

Esta edición cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 9 de xuño de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. 

*Quendas: 
As quendas de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polos participantes na inscrición, que será publicada na páxina web da organización o xoves 30 de setembro. Os agrupamentos e número de quendas estableceranse en función das limitacións que existan nese momento para cumprir coas normas sanitarias e de seguridade vixentes, que seguirán o protocolo antiCOVID-19 marcado para a data da celebración da proba.
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo a quenda e hora de saída que se lles asigne. No caso de que o/a participante non estea presente na hora asignada, perderá o dereito de participación na proba.