Boiro, domingo 02 decembro 2018

XIV MAR DE BOIRO - MEMORIAL PEPE BUCETA. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

XIV Carreira Popular “Mar de Boiro” - 12º Memorial Pepe Buceta. III Circuito de Carreiras Arousa Norte. VI Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña
Organiza: Departamento de Deportes. Concello de Boiro. Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (parque da Cachada).
Patrocina: Concello de Boiro.

Inscricións: Aceptaranse inscricións ata o xoves 29 de novembro ata as 23:59 h. 
Recollida de dorsais: Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao Chips, saída, boxes e Concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h.
meta: Aquí estarán situados tamén os boxes, avituallamento e a zona de entrega de trofeos. Ao lado da praza estarán situadas tamén a liña de saída e chegada.
Premios:
  • Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías, excepto para a carreira Mini e Supermini.
  •  Agasallo aos 3 primeiros corredores de Boiro (empadroados actualmente-comprobado pola organización) da categoría xeral, masculino e feminino.
  •  Agasallo aos 500 primeiros corredores da categoría xeral que se inscriban na proba.
  • Medallas para todos os participantes das carreiras curta, Mini e Supermini.
  • Non haberá premios económicos.