O Concello de Pontecesures organiza a XIX edición da súa carreira popular na localidade de Pontecesures o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 horas.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.
ENTREGA DE DORSAIS: Terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba – sábado 29 de decembro de 2018- de 15.00 a 16.15 horas (categorías escolares) de de 15.00 a 16.50 horas (proba absoluta)], a carón da saída das probas (recomendase asistir con suficiente antelación).
SERVIZOS: Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.
PREMIOS E AGASALLOS
- Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.
- Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).
- Trofeo ós 3 primeiros clubes federados da clasificación xeral.
- Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás nas categorías biberón e pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a todos os participantes).
- Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
PREMIOS A CLUBES FEDERADOS
1º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 300,00 €
2º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 200,00 €
3º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €