Negreira, domingo 10 novembro 2019

XL CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Negreira organiza a XL edición da súa carreira popular o domingo 10 de novembro de 2019 a partir das 10 horas na rúa de Castelao (Negreira) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e da RFEA. Esta carreira é unha proba oficial da RFEA e da RFGA con distancia homologada en 10 K e 5 K e está integrada dentro do VII Circuíto de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña 

A proba absoluta da XL CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA - A CLÁSICA realizarase sobre un circuíto de 10 K (homologados) e haberá outra proba de 5 K (homologados). O deseño do trazado fai que a carreira sexa moi vistosa para o público ademáis de rápida e amena para o participante. En canto aos circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións da rúa Castelao e centro do casco urbán, sendo unha das probas con máis participantes escolares de Galicia.

INSCRICIÓN: Ata o mércores 6 de novembro de 2019 ás 23:59h. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. 

RECOLLIDA DE DORSAIS: Poderase coller o día antes da proba nas tendas de Deportes Breogán (dorsais escolares) e Garsport (dorsais adultos).

O día da Carreira poderanse coller dorsais a partir das 8:00 h na zona de entrega de dorsais (Pavillón CEIP O Coto)

SERVIZOS: 

  • Caixóns de saída por marcas ( dorsais por cores ).
  • 3 globos ( lebres ) -40´ - 45´ -50´ (Carreira 10 K.)
  •  Servicio de cronometraxe por chips - Emesports
  • Bolsa do corredor ( bolsa, camiseta técnica, batido,pastel,bebida isotónica).
  • Fotografía profesional.
  • Servizo de gardaroupa.
  • Servizo de gardería.
  • Servizo de duchas ( autobús dende a liña de Saída/Meta )
  • Avituallamentos líquidos ( Km. 3,5 e 8,5 ) e en META ( froita , etc...)
  • Avituallamento en Meta : Bolsa do corredor , froita e auga.
  • Kilómetros marcados.
  • Haberá un avituallamento líquido na liña de meta para tódolos participantes e para os da carreira absoluta haberá dous avituallamentos líquidos situados nun punto intermedio do circuíto. 

PREMIOS:  

PREMIOS ABSOLUTA (Mesma cantidade tanto homes como mulleres)

  • 1 - 900 €
  • 2 - 500 €
  • 3 - 300 €
  • 4 - 200 €
  • 5 - 100 €
  • 6- Gran Trofeo

ATLETAS GALEGOS * Deben ser atletas nacidos en Galicia ( acumulable ). Mesma cantidade tanto homes como mulleres

  • 1 - 200 €
  • 2 - 100 €
  • 3- 50 €

ATLETAS LOCAIS

  • 1 - 100 €
  • 2 - 50 €
  • 3 - 40 €

* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía

EQUIPOS FEDERADOS 

  • 1º - 400 €
  • 2º - 200 €
  • 3º - 100 €

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas categorías ESCOLARES dende cadetes. 

Todos os participantes das categorías ESCOLARES ata cadetes recibirán unha medaia conmemorativa. 

Todos os participantes que consigan rematar a proba recibirán unha BOLSA DE CORREDOR agasallo da organización como recordo da súa participación.