Ourense, domingo 17 novembro 2019

XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO

A XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 17 de novembro de 2019.
Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas nadas no ano 2001 e anteriores.

  • O prazo de inscrición é desde o día que se publicite pola Organización ata o 10 de novembro de 2019. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún/ha corredor/a fóra deste prazo. 
  • O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 2 de novembro de 2019.
  • Dorsal Solidario: Os/as participantes que o desexen poderán facer unha doazón económica en favor dunha causa solidaria. Na pasarela de inscrición terán a posibilidade de efectuar unha doazón, marcando DORSAL SOLIDARIO e no casilleiro indicar o importe que desexan doar. O importe recadado doarase en favor dunha causa humanitaria elexida de xeito motivado polos membros do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. As asociacións interesadas poderán presentar os seus proxectos solidarios antes do 3 de novembro de 2019.
  • A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo). Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Non se entregarán dorsais o día da carreira.
  • A recollida anticipada de dorsais-chips (para os/as inscritos/as ata o 2 de novembro de 2019) será os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.
O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, FernándezOxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.