Mugardos - Ares, domingo 29 decembro 2019

XV CARREIRA DE FIN DE ANO 2019 MUGARDOS - ARES

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 437 inscritos 11:00 10 km 25/12/2019 4,00 500 plazas
Inscrición finalizada Total: 437 inscritos

DATA: 29  DE DECEMBRO DE 2019. Proba incluída no calendario da FGA 
LUGAR DE SAÍDA: Por causas de obras imprevistas  e non finalizadas  cambiamos a saída de Mugardos para o Pavillón de Ares. Mantéñense horarios e  percorridos sendo: Ares -Mugardos -Ares.
DISTANCIA A PERCORRER:  10 km.(non homologados)
IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
CLASIFICACIÓN: A  clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única. 
INSCRICIÓNS: Ate as 23:59 do  25 de decembro. Número máximo de prazas 500.
RETIRADA DE DORSAIS: Retirada de dorsais o sábado 28 de decembro 9 a 14 e de 17 a 20.30 no Complexo acuático do Castro e o propio día da Carreira no Pavillón polideportivo de Ares de 9:00 a 10:30. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.
PERCORRIDO: Pavillón de Ares-Mugardos-Ares
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.