Vilagarcía de Arousa, sábado 31 xullo 2021

XVI CARREIRA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCÍA

A Fundación de Deportes organiza a XVII Edición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía o sábado 31de xullo do 2021; baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.
Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Ateltismo e controlada a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas e entes implicados no transcurso do evento seguirán o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE A CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO AMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA” 

LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: A saída será dende Avenida da Mariña diante do auditorio municipal.
O percorrido por onde vaise a levar a cabo a devandita carreira será polas seguintes rúas:
Avda. da Mariña, Avda. Rivero de Aguilar, Rúa Valle Inclán, García de Caamaño, Alexandre Bóveda, Elipidio Villaverde e Avda. da Mariña .
INSCRICIÓN: A inscrición para a proba realizarase dende ás 12:00 h do 09 de xullo do presente ano ata as 23:59 h do 27 de xullo.
A inscrición estará limitada a 200 partcipantes, os cales serán os 200 primeiros inscritos. 
PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partir das 23:30h. na zona de Saida-Meta no explanada do Auditorio Municipal.
Todos os atletas premiados cumprirán estrictamente as indicacións da organización e os protocolos establecidos para recoller os trofeos.
Os premios que se entregarán aos participantes da proba serán os seguintes:
• Trofeo para os tres primeros clasificados/as absolutos masculino e feminina,
• Trofeo para os tres primeiros clasificados/as en cada categoría (masculino e feminina).
• Trofeo para os tres clasificados locais masculino e feminina.
• Trofeo para o/a deportista máis veterano/a.
• Camiseta conmemorativa aos participantes da proba absoluta.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellores locais.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
No Auditorio Municipal o día 31 de 11:00 a 14:30 horas e pola tarde dende ás 18:00 ata 21:30 horas. A organización con antelación suficiente facilitará a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización empregue para a promoción e información do evento. E moi importante que os participantes lean o protocolo AntCovid19 e que a hora de recoller o seu dorsal traian asinada a “Declaración responsable” ; sen esa declaración asinada, non se fará entrega do dorsal.
Os dorsais son persoais e intransferibles