Moaña, domingo 05 maio 2019

XVI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA

O Club Atletismo Samertolameu, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Moaña e a Deputación de Pontevedra, organizan o Domingo 05 de Maio a partir das 10:00 horas, a XVI Carreira Pedestre Concello de Moaña 

A zona de saida, control, e recollida de dorsais estará situada nas pistas de atletismo do Concello de Moaña. 
 
Novedades edición 2019:
  • CIRCUITO HOMOLOGADO POLA RFEA
  • CELEBRAREMOS DUNHA FORMA ESPECIAL O DIA DAS NAIS
  • CARREIRA CONTROLADA POLOS XUICES DA FGA
  • ALOXAMENTO GRATUITO (40 PRAZAS NO ALBERGUE MUNICIPAL DE O BEQUE) 
PARTICIPACIÓN: Poderán participar atletas federados e non federados, sin importar condición, sexo ou nacionalidade, sempre atendendo o regulamento da proba. O control da carreira estará a cargo do Club Atletismo Samertolameu. 
INSCRICIÓNS:  O prazo para as inscripcións finaliza o Mércores 1 de Maio ás 23:59:59 horas.