O Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza o domingo 21 de outubro de 2018, a partir das 11,00 horas, o “XXIII Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2018” de forma “individual” ou/e formando parte dun “equipo mixto 3”. Esta proba deportiva está engadido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
- INSCRICIÓNS: Ata as 23:59 horas do día 16 de outubro de 2018 e non se admitirán inscricións posteriores.
- ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: Farase no Pavillón Universitario (Maxisterio) na r/ Padre Gaite o día venres 19/X de 17.00 a 20.30 e o sábado 20/X de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Excepcionalmente o día da proba de 08:30 horas a 10:00 horas, só para as persoas que veñan de fora da comarca.
- GARDARROUPA: Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición no Pavillón Universitario.
- ACCIÓN SOCIAL: Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar coa Rede Axuda poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal.
- PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO: A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o martes 16 de outubro ás 20.00 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asequible co obxectivo de dar a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores chamativos.