sábado 30 marzo 2019

A CARREIRA DE DOUS EN DOUS DE CARBALLO REFORZA O SEU CARÁCTER INCLUSIVO E SOLIDARIO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello, Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista Carballo e Media Ducia, organiza a quinta edición da carreira popular por parellas De dous en dous, que se celebra hoxe. Trátase dunha cita nocturna (a primeira saída quedou fixada para as 19.45 horas), incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, pero cun marcado carácter inclusivo, xa que poden participar deportistas con diversidade funcional. Tamén é unha carreira solidaria xa que se apoiará a Cruz Vermella, Cáritas e á oenegué Miradas ao mundo.

A organización programou dúas actividades paralelas: a animación do grupo de percusión SomDoLilá e os talleres de pintura e globoflexia. Confirmaron a súa participación 342 parellas, que formalizaron a inscrición en pitufo, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e adultos. A saída é a Gran Vía, á altura do cruzamento coa rúa Álvarez de Sotomayor.

Fonte: www.lavozdegalicia.es