luns 01 abril 2019

A CARREIRA DE DOUS EN DOUS FOI UN ÉXITO EN TODOS OS SENTIDOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

«Non mo creo. Transcorreu como a seda». Así describían onte desde o Club Atletismo Carballo o desenvolvemento da pedestre inclusiva De Dous en Dous celebrada na noite do venres no núcleo urbano carballés. Non houbo nin unha soa incidencia e disputouse de forma moi rápida. Dos 550 inscritos participaron, finalmente, preto de 400, de todas as idades. Por parellas e motivados por unha masa de espectadores, percorreron as rúas que rodean a praza do Concello. Tamén houbo, por vez primeira, animación musical e infantil, que resultou «moi exitosa», aseguraron desde a organización. Do mesmo xeito que as achegas solidarias a favor de Cáritas, Cruz Vermella e a ONG Miradas ao mundo: sobre todo, comida.

Fonte: www.lavozdegalicia.es