venres 13 decembro 2019

A CARREIRA NOCTURNA CORRE POR FERROL DISPUTARASE O DÍA 21 DESTE MES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A oitava edición da carreira nocturna Corre por Ferrol, que organiza o servizo de deportes do Concello de Ferrol, en colaboración coa Deputación e o control técnico da delegación ferrolá da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o día 21 deste mes de decembro. Haberá unha saída ás oito da tarde para os menores e outra, unha hora máis tarde, para os adultos.

Esta carreira encádrase na sétima edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares, que organiza a Deputación da Coruña. A distancia a percorrer polos deportistas que tomen parte na proba será de cinco quilómetros. Discorrerá pola zona centro da cidade. Haberá cinco categorías para os menores e sete para os que tomen parte na proba absoluta.


Fonte: www.lavozdegalicia.es