mércores 07 marzo 2018

A CARREIRA WE ARE READY CRECE NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A segunda edición da Carreira Popular  We  Are  Ready, organizada pola  Universidade coa colaboración do Corte Inglés, espera chegar aos 500 participantes. A inscrición, cun custo de oito euros, pódese tramitar a través da web www.carreirasgalegas.com ata este xoves ás 23.59 horas ou  presencialmente no Corte Inglés ata o sábado ás 15 horas. Os participantes tomarán a saída ás 11 horas no estadio de atletismo e completarán dez quilómetros polo campus para chegar ao mesmo punto.

Á conclusión haberá unha festa  after  running.


Fonte: www.lavozdegalicia.es