mércores 11 abril 2018

A IV CARREIRA UNIVERSITARIA, A FAVOR DA ASOCIACIÓN CENTINELAS (Fonte: www.elcorreogallego.es)

A Carreira Universitaria Solidaria alcanza a súa cuarta edición, organizada pola empresa Campus  na nube, concesionaria do servizo de  reprografía, edición e impresión dixital da  Universidade de Santiago de Compostela, e a asociación  Run4 med, colectivo integrado por alumnos do sexto curso de Medicina. A cuarta edición desta cita solidaria terá lugar o xoves 19 de abril.

A saída instalarase no Paseo dos Leóns, para transcorrer pola Alameda compostelá e finalizar nas pistas de atletismo do estadio da USC, tras un percorrido de 5,7 quilómetros, apto para todos os públicos. O obxectivo da Carreira é recadar recursos a favor de asociacións benéficas e proxectos de carácter social.

A Asociación Centinelas, que presta apoio a mulleres e familias en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social, será a destinataria do importe obtido. A inscrición, cun custo de 8 euros, pode realizarse en www.carreirasgalegas.com, ata a medianoite do luns ao martes. 

Roi Méndez, participante en Operación Triunfo, actuará como padriño desta edición.


Fonte: www.elcorreogallego.es