martes 25 setembro 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CROS CASTRO SAN MIGUEL (Fonte: www.farodevigo.es)

A Agrupación Deportiva Castro-San Miguel, organiza, co patrocinio do Grupo Educativo Castro-San Miguel, a 23º edición do Cros Escolar A.D. Castro-San Miguel, que terá lugar o domingo, 28 de outubro, ás 10.00 da mañá no Parque de  Castrelos.

A proba encádrase dentro do "programa municipal de cros escolar", sendo o de maior participación de toda Galicia ata a categoría cadete, roldando cada ano a cifra do milleiro de atletas competindo o domingo.

É unha proba enfocada especialmente á primeira toma de contacto co atletismo e nela poden participar nenos e nenas nacidos entre 2003 e 2015, ademais dos pais e nais dos nenos participantes.

O prazo de inscrición finalizará o día 23 de outubro de 2018 e poderase realizar na web: www.gecastrosanmiguel.com, por correo electrónico (adcastrosanmiguel@gmail.com) ou no departamento de deportes do Corte Inglés.

Ademais de trofeos aos cinco primeiros clasificados en cada categoría e medallas e  avituallamiento a todos os participantes haberá diferentes sorteos entre os participantes.