venres 12 outubro 2018

ABERTO DESDE HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN PRESENCIAL (Fonte: www.elcorreogallego.es)

Outubro é sinónimo de Carreira Pedestre Popular en Santiago e a recta final cara ao pistoletazo de saída déixase sentir no ambiente da cidade, onde non é raro cruzarse cada vez máis con corredores dispostos a preparar ata o máis mínimo detalle da súa participación. Pero se é vital preparar as pernas e o corazón... ninguén pasar por alto o primeiro paso: a inscrición.

Desde o pasado sábado xa se pode formalizar este paso a través da web. Manterase aberto o prazo por este medio ata o domingo día 21 de outubro ás 24.00 horas.

A segunda opción é facelo de forma presencial iniciándose hoxe este proceso (ata o sábado día 20 de 10.00 a 22.00 horas) na planta de Deportes do Corte Inglés Santiago.

O custo xeral será de sete euros, un importe que se fará efectivo no momento de inscribirse podendo utilizar como forma de pago calquera cartón de crédito, no primeiro dos casos, ou o pago en efectivo ou co cartón de compra do Corte Inglés no segundo.

Máis custo. A terceira posibilidade que se lle brinda aos corredores é alongar o período tanto por medio da internet como de forma presencial ata o martes día 23, ás 22.00 horas, pero neste caso a inscrición pasará a ter un custo de doce euros.

A organización insiste en que non se admitirán inscricións fóra destes prazos nin se aceptarán por teléfono.

Tamén é importante lembrar que todos os inscritos a través de cóntaa club de  Championchip Norte deberán recoller os dorsais en grupo mentres que os que non utilicen esta conta só poderán recollelos de forma individual.