luns 01 abril 2019

AMADOR PENA DEFENDE UNHA NOVA MARCA NA PEDESTRE DE VIMIANZO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Circuíto Correndo pola Costa da Morte vai a máis co paso dos anos. No día de onte celebrouse a segunda proba da sexta edición no Concello de Vimianzo. Si xa as inscricións (976 deportistas) bateron a marca, defendido ata o momento pola propia localidade de Soneira, tamén o fixo a participación, que andou moi preto dos 800 corredores. E xa postos, o santiagués Amador Pena, moi vinculado á comarca precisamente polo atletismo, foi a guinda do pastel ao impor unha nova marca na proba absoluta de 10 quilómetros cun tempo de 32 minutos e 55 segundos. O ano pasado, a mellor marca nesta categoría logrouna o lucense Toño Teijido (33:32) no mesmo circuíto vimiancés homologado pola Federación Galega de Atletismo. «Pese a que afrontou a recta final antes de entrar en meta en solitario, fíxoa en sprint. Víase que quería facer un bo tempo», comentou o técnico de Deportes de Vimianzo, Víctor Santos.

O encargado do desenvolvemento da carreira comentou así mesmo: «Estamos moi contentos coa participación e, tamén, co transcurso da proba, sen incidentes, con moi boa temperatura para correr pese a que fixo unha mañá soleada e acorde ós horarios establecidos». Entre voluntarios e Protección Civil, unhas 60 persoas velaron pola seguridade dos atletas. Non faltaron habituais como a pequena Sara Vieites ou o veterano Paco Brea, pero si outros como os locais Damián Espasandín ou Teresa Castro, que se atopaban concursando en competicións nacionais e mundiais.

Fonte: www.lavozdegalicia.es