domingo 02 decembro 2018

AMADOR PENA E ESTHER RODRÍGUEZ GAÑAN NO BARRIO DE SAN PEDRO (FOnte: www.lavozdegalicia.es)

A Carreira Cruceiro de San Pedro, que era a gran novidade no calendario desta tempada, pechou a sétima edición do CorreSan.

E Amador Pena e Esther Rodríguez foron os primeiros en inscribir o seu nome como gañadores na proba. A pesar do tempo chuvioso, que se converteu nunha dificultade engadida para o equilibrio dos deportistas nos tramos empedrados, non se rexistraron maiores incidencias.

Amador Pena, un habitual do CorreSan, cruzou a meta cun tempo de 15:43 e impúxose nun apertado e bonito esprint a Nuno Costa, que empregou o mesmo tempo,e a Juan Pablo Fernández, que precisou un segundo máis.

Esther Rodríguez foi a primeira no cadro feminino, quincuaxésima na xeral, cun tempo de 18:22. Segunda foi Mónica Álvarez (18:47) e terceira Johana Torres (20:34).

Na clasificación xeral final do CorreSan, Nuno Costa é o vencedor no cadro masculino e Esther Rodríguez no feminino.

Fonte: www.lavozdegalicia.es