domingo 27 maio 2018

AMADOR PENA GAÑA A CARREIRA POPULAR WE ARE READY USC (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Amador Pena, do Pino, foi o gañador da carreira popular We Are Ready Universidade de Santiago de Compostela ao completar os dez quilómetros do percorrido nun tempo de 35 minutos e 39 segundos. A gañadora feminina foi Tina Fernández, do Universidade de Santiago, que entrou no posto 28 cun tempo de 40.27.

Detrás de Pena clasificouse Rubén Martínez, de Negreira, que parou o crono en 35.46, a só sete segundos do gañador. A terceira praza foi para Juan Pablo Fernández, de Santiago (36.32). Na carreira feminina, por detrás da vencedora clasificouse en segundo lugar Begoña Gerpe, de Negreira, cun tempo de 42.37, a máis de dous minutos dunha intratable Tina Fernández. En terceiro lugar chegou á liña de meta a compostelá Lorena Pose, cun tempo de 43.03. Inscribíronse máis de 300 atletas.


Fonte: www.lavozdegalicia.es