xoves 27 setembro 2018

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN DA II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS TRAS-RIL-SAN

A Asociación Tras-Ril-San organizará a II Carreira e Andaina Solidarias Tras-Ril-San, que tera lugar o domingo 30 de setembro en Santiago de Compostela.

Con este evento a Asociación desexa chamar a atención sobre esta enfermidade crónica do Ril que afecta a un gran número de persoas en todo o mundo.

TRAS-RIL-SAN ten como obxectivo mellorar a calidade de vida destos enfermos e asesorarlles o longo da súa enfermidade.

Para elo conta con un servizo os xoves e venres na súa sede sita en Manuel María, 6 2ºDpcho.1 (Casa das Asociacións, edif. CABES)

Esta é a razón de TRAS-RIL-SAN. para organizar, coa colaboración do Concello de Santiago e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a II Carreira e Andaina Solidarias TRA-RIL-SAN,que será presentada mediante unha rolda de prensa mañá venres día 28 de setembro as 10,30 no Concello de Santiago de Compostela.

Ampliamos a inscrición ata o vindeiro sábado ás 14 horas!! Apúntate a esta causa solidaria!!.