mércores 19 xuño 2019

ARRINCA UNHA NOVA CARREIRA POLA DIVERISDADE DE AMBAR (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Xa hai data marcada. Será o próximo 14 de xullo cando teña lugar en Ribeira a quinta Carreira pola Diversidade que organiza Ambar e que este ano se marca como meta superar os 400 participantes, un centenar máis que na edición do ano pasado. Para conseguir este obxectivo contan cun as na manga, posto que unha das principais novidades desta competición é que a categoría absoluta formará parte do calendario oficial de carreiras da Federación Galega de Atletismo.

Ademais, mantéñense a modalidade de cinco quilómetros para persoas con diversidade funcional, a mesma distancia que deberán percorrer aqueles que fagan a proba con cadeira de atletismo ou con handbike. Tamén haberá varias probas infantís, aínda que non serán de carácter competitivo.

A cota de inscrición é de 6 euros, e estará aberta ata o día 11 de xullo na web www.carreirasgalegas.com. Tamén haberá un dorsal 0 para colaborar solidariamente co evento.

Fonte: www.lavozdegalicia.es