sábado 16 marzo 2019

BENVIDOS AO MARATÓN CORUÑA42 (Fonte: www.coruna.gal)

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 14 de abril de 2019 o VIII Maratón Atlántica Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, e que pertencerá ao calendario nacional da RFEA.

É intención do Concello que a Maratón Coruña42 se consolide en pouco tempo, como referencia nacional polo seu percorrido chairo e rápido, así como pola súa xestión organizativa.

Un atleta popular, tanto de menos de 3 horas como de 5 horas nun maratón, é un deportista habitual que desenvolve uns hábitos de vida saudables. O circuíto de carreiras populares da Coruña pon en forma a un elevado número de cidadáns.

Esta carreira é especialmente adecuada para fomentar o deporte popular por dous motivos fundamentais:
  • Non hai límites de idade para a súa práctica.
  • Pola preparación e adestramento continuos, que esixe o feito de finalizar a proba.
O maratón tende a consolidar corredores permanentes e iso, á súa vez, conduce a que estes teñan necesidade de facer carreiras máis curtas ao longo do ano, coa consecuente promoción das mesmas, nas que á súa vez participan corredores novos que aínda non chegaron ao nivel de preparación, así se vai constituíndo unha verdadeira estrutura de carreiras populares que facilitan a práctica do deporte en toda a sociedade.

É unha oportunidade máis, para educar aos participantes e ao público, na protección do medio ambiente.

Pode actuar como un axente dinamizador da nosa cidade, da cultura, do turismo e a hostalaría.

Obxectivos:
  • Fomentar a práctica saudable do atletismo como deporte aeróbico.
  • Promover o deporte popular entre os coruñeses e coruñesas, captar a participación de corredores amateurs e profesionais.
  • Integrar a cidade no circuíto internacional de maratóns e atraer corredores doutras cidades, o que terá un impacto turístico importante, e proxectará tamén ao exterior a idea de que A Coruña é unha cidade que promove o deporte.
  • Madurar a capacidade organizativa en grandes acontecementos deportivos.
  • Propiciar a creación de contactos con outras cidades, organismos e institucións deportivas nacionais e internacionais.
  • Conseguir obxectivos transversais relacionados con diversos aspectos de educación da cidadanía.
  • Implicar a toda a cidadanía no desenvolvemento do maratón, sendo unha xornada dirixida tamén a espectadores, cunha oferta de actividades lúdicas para que o público anime festivamente aos participantes da proba, e goce ao máximo posible desta cita atlética.

Fonte: www.coruna.gal