luns 20 maio 2019

COMESAÑA E MARTÍNEZ DOMINARON A MONTAÑA

Beatriz Comesaña do C.A.Veteranos e Rubén Martínez do C.A.Negreira, convertiríanse nos novos campións de Galicia de Trail que esta fin de semana organizaría o Concello de A Pobra do Caramiñal, a Asociación de Deportes e Atletismo do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo na Serra do Barbanza.

Xunto ós gañadores absolutos subirían ó podio na categoría masculina Carlos Martínez e Roberto Tuñas no que sería o triplete do club de Negreira, así como Eva de la Fuente do C.A. O Pino e María Elisa Paz do Egovarros na categoría feminina.

O resto de gañadores na distintas categorías, serían os seguintes:

Absoluto. Beatriz Comesaña (C.A.Veteranos)  e Rubén Martínez (C.A.Negreira)
Senior. Rubén Martínez (C.A.Negreira)
Máster35.  Roberto Tuñas (C.A.Negreira)
Máster45.  Beatriz Comesaña (C.A.Veteranos) Juan Francisco Elosúa (C.A.O Pino)
Máster50.  Monserrat Carreira  (Comesaña S.C.) e Juan Rivas (C.A.Cambados)
Máster55.  José Luis Bouza (C.A.Narón)
Máster60.  María Elisa Paz ( Egovarros) e Juan Cameán (C.A.Veteranos)
Máster75.  Antonio Cabana (Egovarros)