martes 01 maio 2018

CONVOCATORIA ATLÉTICA NA RÚA PARA COLABORAR NA BATALLA CONTRA O CANCRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Club Atletismo Rúa, en colaboración co concello local e a delegación federativa de Valdeorras organizará a terceira edición da súa convocatoria solidaria contra o cancro, cos formatos de andaina e carreira popular, o próximo 6 de maio, desde as 11.00 horas.

As inscricións están abertas ata as 23.59 horas do 3 de maio en www.carreirasgalegas.com e servirá para que colaborar coa loita para frear a citada enfermidade, polo que tamén haberá unha fila cero ademais das cotas de participación, que van desde os dez euros nas modalidades absolutas aos dous que abonarán os menores de 16 anos. O percorrido será en ambos os casos de pouco máis de sete quilómetros.


Fonte: www.lavozdegalicia.es