martes 03 setembro 2019

CORRENDO POR OURENSE REGRESA O FIN DE SEMANA NO CAMPUS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, volve este fin de semana na zona universitaria, onde se disputará o vindeiro domingo a cuarta cita do programa atlético.

O número de inscritos xa supera os 1.100 participantes, tendo en conta que se pechará o mércores para abrirse de novo o luns, con vistas ás últimas convocatorias: A Ponte (29 de setembro) e A Carballeira (20 de outubro).

O custo é de sete euros (só pagan os adultos) e cabe recordar que parte dese diñeiro destínase a unha entidade social. A carreira do próximo domingo comezará ás 11.00 horas coa categoría de Pitufos, para seguir co resto de modo paulatino, ata lkas 11.30, coa absoluta, que percorrerá un trazado de 6,4 quilómetros, dando 2 voltas a un circuíto que sairá da pista de atletismo e percorrerá o Campus universitario, polas rúas Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponche Lonia, Villaamil e Castro, volvendo á meta nas pistas.

Fonte: www.lavozdegalicia.es