xoves 14 febreiro 2019

CORUÑA 21, UN AMPLO ABANO DE SERVIZOS PARA OS SEUS E AS SÚAS ATLETAS (Fonte: www.coruna.gal)

Coruña21 celebra este domingo día 17 a súa undécima edición. A competición, do mesmo xeito que en edicións anteriores, contará cun circuíto homologado. O medio maratón proponse, ademais brindarlles ás súas persoas corredoras unha serie de servizos á carreira.

ROUPEIRO
Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible para todas/os as/os corredoras/es, nunha carpa situada nunha zona próxima á zona de saída, no Obelisco desde as 08.30 ata as 09.30 e desde as 11:15 ata as 13.00 horas o día da carreira.

SERVIZOS WC PORTÁTILES
As/os atletas terán á súa disposición baños portátiles situados na saída e na zona do Porto de Oza do trazado de Coruña21.

TEMPO DE CHEGADA
O peche da proba realizarase ás 12:30 h, 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10km. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a persoa participante que siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

DUCHAS
Establecerase un servizo de duchas nas instalacións da Cidade Deportiva de Riazor, ao que as/os atletas poderán acceder co seu dorsal, en horario de 11.00 a 14:30 horas.

ENTREGA DE PREMIOS
Realizarase ás 12:30 h no palco situado próximo á meta.

VÍDEO DE CHEGADA
As/os atletas ao consultaren os seus resultados poderán acceder á gravación en vídeo da súa chegada á meta en www.carreirasgalegas.com

CLASIFICACIÓN E DIPLOMAS
As clasificacións colocaranse nos taboleiros informativos na zona de meta. Así mesmo todas as persoas participantes poderán consultar as clasificacións en www.carreirasgalegas.com

Unha vez que se publicaron os resultados de Coruña21 na web www.coruna.gal/carreraspopulares, durante os seguintes días, as/os atletas poderán acceder para descargar o diploma personalizado co seu nome e o tempo realizado.

Ademais, todas/os as/os corredoras/es finisher poderán visualizar a súa entrada na meta a través dos resultados publicados en www.carreirasgalegas.com