domingo 03 xuño 2018

DAVID DE LA FUENTE E INÉS BEREIJO GAÑAN A MILLA CORRER EN COMPAÑÍA (Fonte: www.lavozdeglicia.es)

Ferrol botouse este sábado á rúa para disputar a cuarta Milla Correr en Compañia, do colexio Compañía de María e Teima, que se celebrou polo centro de Ferrol.

David de la Fuente, do club Atletismo Narón, resultou vencedor da proba completando a milla nun tempo de 2.54. A tan só dous segundos cruzou a meta Esteban Rioseco, do Egovarros de Viveiro, e en terceira posición quedou Jonathan Fernández, do Pasa ou Entorna. Inés Bereijo, do Ría Ferrol, quedou primeira na categoría feminina, seguida de Laura Yusta, de Teima, e Natalia López.


Fonte: www.lavozdegalicia.es