mércores 28 marzo 2018

ESTA NOITE FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CARREIRA DE PASCUA DE PADRÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O deporte ten moita presenza no programa das festas da Pascua de Padrón. Ciclismo, fútbol, tenis,  boxeo, xadrez ou atletismo son algunhas das disciplinas que se poden ver estes días na capital do Sar. Mención especial merece a gran carreira popular, que cumpre 39 anos. Celebrarase o sábado pola mañá, con saída e chegada na praza de Macías. O prazo de inscrición finaliza hoxe ás 23.59 horas. Onte xa se superaba o limiar dos catrocentos apuntados entre a categoría de adultos e as escolares (suman 12 en total).

Os máis pequenos, os  pitufos, deberán cubrir un tramo de 100 metros mentres que os adultos completarán 10,5 quilómetros. O percorrido das categorías escolares discorre polo centro urbano mentres que o dos adultos é o 90 % por tramos do municipio e tamén toca o de Dodro, concretamente as Brañas de  Lestrove, segundo explica o técnico de Deportes do  Concello de Padrón, Roberto Martínez.

A Carreira Popular de Pascua está consolidada e ten o seu oco no calendario galego de atletismo. «Ou que  vén un ano,  non  soe faltar», asegura o técnico de Deportes. Esta é a carreira máis lúdica do  Concello de Padrón, que organiza outra ao ano, no mes de febreiro, de 10 quilómetros e que rolda o milleiro de participantes. Na de Pascua, nas categorías de adultos moitos participantes son de fóra do  concello, ao contrario que os escolares, no seu maior parte do municipio.
Por outra banda, para o 14 de abril está programada a undécima edición da  Andaina  Bisbarra de Sar, con saída e chegada en Padrón. Xa están anotados setecentos participantes.