luns 16 setembro 2019

HASSAOUS E PEREIRA GAÑAN A MILLA DO BARCO (Fonte: www.laregion.es)

Moitísimo público, como sempre; unha altísima participación nas categorías populares; e dúas boas carreiras nas probas absolutas. Este é o resumo da Milla Urbana do Barco, un evento que alcanzou a edición número 33.

Empezando polo final, a carreira dos "profesionais" foi dominada polo canario  Nassim  Hassaous, do  Añares-Rioxa. Xa fora segundo no Barco, pero agora subiu un banzo máis. O canario do  Añares-Rioxa é internacional  sub-23.

Situouse por diante do actual subcampión de España de 5.000 metros, Sergio  Jimémez (Praias de Castelló). Terceiro clasificouse Fernando Sainz, do  Piélagos. A proba absoluta feminina viviu a vitoria incontestable de  Solange Pereira, A atleta do Valencia estivo acompañada no podio por Lida Campo (Praias de Castelló), segunda, e Esther  Navvarrete (Celta), terceira clasificada.