xoves 01 novembro 2018

INFORMACIÓN CORRESAN RUTA DOS PARQUES (Fonte: www.corresan.com)

Xa podes consultar toda a información da CorreSan Ruta dos Parque do vindeiro sábado 3 de novembro

Xa estamos na etapa final da CorreSan Ruta dos Parques, o vindeiro sábado celebrarase a terceira proba do VI Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. Aquí vós deixamos os detalles técnicos da proba:

HORARIO DAS PROBAS:
  • 17:00 horas Carreira sub 18 e superiores     6,1 km aprox. (circuito en liña);
  • 17:45 horas Carreira sub 10 – sub 12            1,4 km aprox. (1 volta ao circuito escolar);
  • 18:00 horas Carreira sub 14 – sub 16            2,6 km aprox. (2 voltas ao circuito escolar).

SAÍDA DAS PROBAS:
  • A Saída da proba absoluta será desde a Cidade da Cultura. A ubicación da mesma será diante da cafetería da Cidade da Cultura.
  • As probas de escolares faranse íntegramente no Parque Eugenio Granel.

ENTREGA DE DORSAIS: Farase na liña de meta, atención!!. No parque eugenio granell e antes de coller o autobuses.
TRASLADO DE ATLETAS ADULTOS NA PROBA ABSOLUTA: Farase en autobús desde o Parque Eugenio Granell a partir das 16:00 horas.
SERVIZO DE ROUPEIRO: Na liña de meta, e na liña de saida haberá servizo de roupeiro.
SERVIZO DE DUCHAS:  de 16:30 a 20:00 horas no polideportivo municipal de PONTEPEDRIÑA.
ENTREGA DE MEDALLAS AOS GAÑADORES DA PROBA ABSOLUTA E DE CADA CATEGORÍA ESCOLAR: Farase a partir das 18.45 horas no Parque Eugenio Granell.

MOITA SORTE RUNNERS.

#OTEMPOEOTEUCOMPAÑEIRO #CORRESAN2018