martes 01 xaneiro 2019

JULIÁN ROMERO GAÑA A TERCEIRA SAN SILVESTRE (Fonte: www.laregion.es)

A III San Silvestre de Ourense deixou un bo sabor de boca aos deportistas que celebraron a marcha do ano correndo. O mellor de todos foi Julián Romero que empregou un tempo de 16:48 minutos para percorrer os cinco quilómetros da proba.

Alejandro Montero e  Héctor Álvarez foron segundo e terceiro respectivamente. En mulleres, a primeira en cruzar a liña de meta foi Leticia Fernández  Barbosa.  Zulema González e Ana María Santiso foron a segunda e a terceira clasificada.

Un dos momentos máis emocionantes foi cando Pepe Martínez cruzou a liña de meta entre unha gran ovación do público que se congregaba alí. O atleta veterano parouse para dar grazas a todos os que lle deron apoio.