xoves 27 xuño 2019

ÚLTIMA HORA TRAIL NOCTURNO DE BOBORÁS

Estimada/o participante no Trail Nocturno de Boborás:
Por motivos de organización do Trail Nocturno previsto para o vindeiro sábado 29 de xuño ás 22:00 horas, vémonos na obriga de aprazar esta competición para a data que se comunicará en breve a todas/os as/os participantes.
Esta é unha decisión tomada a primeira hora de hoxe e coa fin de velar polo bó funcionamento e o éxito da proba que consideramos será mellor aprazándoa para unha data na cal teña un maior impacto organizativo e participación.
Todas/os as/os atletas inscritas/os na proba, permanecerán inscritas/os na mesma unha vez reabramos a pasarela de inscrición. Se algúen desexa solicitar a devolución do importe de inscrición, podedes comunicalo a través do em@il soporte@emesports.es . 
Pregamos disculpedes as molestias ocasionadas.