martes 02 abril 2019

ÚLTIMAS HORAS PARA A INSCRICIÓN NA MILLA PORTAS DE COMPOSTELA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Este domingo dispútase a segunda edición da Milla Portas de Compostela, ao propio tempo Campionato Galego de Milla Urbana nas categorías sub 18, sub 20 e sub 23, coa organización do Club Atletismo Santiago.

O prazo de inscrición é dobre.
No caso das categorías populares e escolares, pecharase este mércores a media noite. Pode formalizarse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com e ten un custo de catro euros para os maiores de idade. Para os menores é gratuíta.

Para quen queiran participar no Campionato de Galicia, o prazo péchase na tarde deste martes, ás 20 horas, e tense que tramitar a través da plataforma da Real Federación Española de Atletismo.

Cadro horario
A matinal do domingo estará copada polos atletas nas inmediacións da Praza de Galicia. Os primeiros en tomar a saída serán os máis pequenos, os sub 8, para completar un trazado de 350 metros.A partir dese tramo de idade, o circuíto dun quilómetro e o da milla están homologados pola federación. Ás 10.15 será a quenda para os sub 10; ás 10.30, os sub 12; ás 10.45, os sub 14; e ás 11 os sub 16. En todos os casos a distancia será dun quilómetro. A entrega de premios está prevista cara ás 11.40 horas.

A partir das 11.45 do mediodía o protagonismo será para a milla. Primeiro chegarán os Campionatos de Galicia Máster: 11.45, feminino (35 e 40); 12, masculino (35 e 40); 12.15, feminino (45 e máis); e 12.30, masculino (45 e máis).A continuación disputaranse catro probas populares: 12.40 feminina (2003 ata máster); 12.50, masculina (2003 ata máster); 13, feminina (máster 1 e 2); 13.10, masculina (máster 1 e 2).Completarán o programa as dúas probas do Campionato de Galicia Absoluto da Milla para os nados en 2003 e con anterioridade a ese ano, coa saída das mulleres ás 13.30 e do cadro masculino ás 13.45. A entrega de premios está fixada para as 14 horas.