mércores 16 xaneiro 2019

MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN NO CROS DE PEDROSO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Náutico de Narón, co patrocinio do  Concello, organizará a primeira edición do  cros popular  Muíño de Pedroso. A competición terá lugar na mañá do domingo. Un total de 329 persoas formalizaron xa a súa inscrición para tomar parte na carreira.

A proba organízase coa finalizar de promover a actividade deportiva e, ao mesmo, tempo dar a coñecer esta parroquia do  Concello de Narón.Están previstas varias categorías, que irán un función da idade dos participantes. A proba absoluta para mulleres iniciarase ás 12.55, mentres que os homes correrán ás 13.30 horas. Ás once da mañá iniciaranse as probas de menores. E

ste  cros foi presentado na mañá de onte no  Concello de Narón, un acto no que participaron Natalia Hermida, edil de Turismo, así como Román Romeu, concelleiro de Deportes. Amando Guerreiro foi o representante do club organizador, o Náutico de Narón.

Fonte: www.lavozdegalicia.es