mércores 01 maio 2019

MÁIS DE 370 INSCRITOS NA CARREIRA DE MOAÑA (Fonte: www.farodevigo.es)

Máis de 370 persoas xa se inscribiron para tomar parte na décimo sexta edición da Carreira Pedestre  Concello de Moaña, que organiza o Club de Atletismo  Samertolaméu e que se disputará o vindeiro domingo. A proba contará novamente cun carácter ecolóxico, xa que por cada atleta participante a organización -en colaboración coa Xunta de Montes de Meira- plantará unha árbore.

O evento arrincará ás 10 horas coa celebración das carreiras escolares, que incluirán as categorías alevín (1.000 metros), infantil (2.000 metros), cadete (3.000 metros),  benjamín (800 metros),  prebenjamín (400 homes) e  pitufos (100 metros). Ás 11.30 horas será a quenda das dúas probas de carácter popular. A carreira reina será a de 10 quilómetros. Nela intégranse as categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos. Os tres primeiros clasificados da proba, tanto en homes como en mulleres, percibirán 150, 100 e 75 euros, respectivamente. Haberá trofeos para os tres primeiros por categoría e sexo e para o primeiro atleta de Moaña. Así mesmo, haberá unha carreira de 5 quilómetros (unha única volta ao circuíto) con trofeos aos tres primeiros clasificados.