martes 01 xaneiro 2019

MÁIS DE DOUS MILLEIROS DE ATLETAS DESPEDIRON 2018 Á CARREIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Compostela despediu o 2018 con ceo azul e temperatura agradable, sen rastro de choiva e con máis de dous mil atletas que deron lustre a unha nova edición da San Silvestre, a sexta.
Desde o pistoletazo de saída ata os últimos en traspasar a liña de partida, os integrantes do equipo  Hawai 5.0 coa súa piña coada, pasaron máis de tres minutos. Foi unha riada de deportistas sen descontinuidades. E dese fluír continuo ás seis da tarde pasouse a un goteo de chegadas desde que Nuno Costa chegou en solitario. Pero o seu nome non aparecerá como gañador do 2018 por un problema na recollida do dorsal. Esa honra será para Lolo Penas, que marcou un tempo de 17:12. A continuación entrou o gañador da pasada edición,  Andrés  Cendán, 17:31. E completou o podio Miguel Penedo, que parou o crono en 17.43.

No cadro feminino botouse en falta a presenza da gañadora dos catro últimos anos, Raquel Suárez. Colleu a súa testemuña a maratoniana  Yolanda Gutiérrez, que empregou 20 minutos e 17 segundos en completar os 5,5 quilómetros dun trazado que discorreu pola zona nobre da cidade. O segundo posto foi para  Tina González, cun tempo de 20:36, e o terceiro para Inés Castaño, con 20:45.

Quen se achegou á Praza do Obradoiro puideron presenciar o que en ningunha outra carreira, ver competindo a  Supermario  Bros, a un grupo de 21 reloxos, outro de uvas, un enxame de abellas e un longo etcétera. Porque había premios aos mellores disfraces. E aí os últimos en tomar a saída foron os primeiros, os  Hawai 5.0. Máis dun apostase a que non acabarían de completar a carreira, vendo que nada máis partir xa fixeron unha primeira parada técnica. Pero acabaron e gañaron por equipos.