sábado 28 setembro 2019

MAÑÁ DOMINGO 29 DE SETEMBRO, FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A XIII EDICIÓN DE CORUÑA 10 (Fonte: Concello de A Coruña)

O paseo marítimo acollerá o vindeiro domingo 6 de outubro a  XIII edición da máis popular das carreiras da cidade,  C10.
O prazo límite para formalizar a inscrición finalizará o domingo 29 de setembro ás 23.59 horas, a través da web  www.carreirasgalegas.com. O prezo da cota extraordinaria é de 8 € para maiores de 18 anos, e gratuíta para menores. 
A proba absoluta, cuxo trazado percorre o Paseo Marítimo desde a glorieta do  Millennium ata a Torre de Hércules, con saída e meta, xunto ao Palacio dos Deportes de Riazor comezará ás 10.30 horas e, unha hora e media despois,  ao peche desta, comezarán as das categorías de menores, nas que poderán participar desde atletas  sub 18 (nacidos nos anos 2002 e 2003) ata  sub 8 (2012, 2013 e 2014).
Estableceranse os seguintes 5 caixóns de saída, organizados por cores:

CAIXÓNS - COR HOMES                  MUJERES
1 - Amarelo         < 36 m.                  < 42 m.
2 - Azul                 36 - 40 m.          42 - 47 m.
3 - Vermello         40 - 45 m.          47 - 52 m.
4 - Verde         45 - 50 m.          52 - 55 m.
5 - Violeta         > 50 m. - S/M          > 55 m. - S/men marca

Os dorsais poderanse recoller no Departamento de Deportes do Corte Inglés (7ª planta-  c/Ramón e Cajal, 57 e 59. A Coruña, nos seguintes días e horarios:  Venres 4 de outubro de 2019, de 17.00 a 22.00 horas e Sábado 5 de outubro de 2019, de 10.00 a 21.30 horas.
De maneira extraordinaria, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 6 de outubro, na Cidade Deportiva de Riazor desde as 8:30 horas.

A camiseta recollerase conxuntamente co dorsal e por estrita orde de chegada, ata finalizar a existencia da talla.