luns 09 abril 2018

MIGUEL ARIAS SERÁ O PADRIÑO DA III CARREIRA CONTRA O CANCRO DA RÚA (Fonte: www.osil.info)

A terceira edición da carreira e andaina contra o cancro da Rúa, prevista para o domingo 6 de maio, xa ten padriño. Miguel Arias, cantante natural de Arcos, será o encargado de dar o pregón e o pistoletazo de saída a esta actividade solidaria cuxos fondos serán donados á AECC para contribuír á investigación sobre o cancro de mama.

Con saída e meta na Estación de Autobuses, o percorrido será duns 7 km pola ribeira do Río Sil e un tramo urbano. Está organizada polo Club Atletismo Rúa coa colaboración de comercios de todo Valdeorras, do Concello da Rúa e Protección Civil.

As inscricións (10 euros) xa están abertas na web www.carreirasgalegas.com