sábado 14 setembro 2019

NUNO COSTA E PAULA MAYOBRE GAÑAN CON AUTORIDADE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Os dous grandes favoritos a facerse co triunfo na terceira edición da Clásica Toldos Gómez de Arzúa fixeron valer a súa condición.Impuxeron un ritmo de carreira imposible de seguir para os seus perseguidores e proclamáronse campións cunha autoridade incontestable.

Nuno Costa (Tambrebike&Running) foi o vencedor absoluto, cun tempo de 33.34. Completaron o podio masculino Ricardo Vázquez (Adas O Barco), que empregou un minuto e un segundo máis en percorrer os dez quilómetros, e Manuel Oliver Pérez (Atletismo Sar Vermú Petroni), que parou o cronómetro en 34.59.No cadro feminino as diferenzas aínda foron maiores.

Paula Mayobre (Escola de Atletismo Paula Mayobre) marcou un gran rexistro de 37.57 (o duodécimo na clasificación absoluta). Segunda foi María del Carmen Penas (Atletismo O Pino), cun tempo de 46.13, e terceira Elena González (A Mochila do Deporte), con 47.09.

Fonte: www.lavozdegalicia.es