martes 15 maio 2018

NUNO COSTA E PAULA MAYOBRE GAÑARON A QUINTA PEDESTRE DE FRADES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Nuno Costa, do Tambre  Bike &  Running, e Paula  Mayobre González, do Atletismo Clínica Dental Seoane Pampín, foron os gañadores da quinta edición da carreira pedestre popular do  Concello de Frades, proba na que participaron 402 atletas.

O portugués Costa parou o crono en 26 minutos e 12 segundos tras 8,6 quilómetros. O segundo posto foi para  Anxo Castro Varela, cun tempo de 27 minutos e 34 segundos. Terceiro foi o marroquí  Akka  Essaadoui, con 27 minutos e 53 segundos.

Na categoría feminina, Paula  Mayobre venceu con 29 minutos e 52 segundos, nunha proba na que suma catro triunfos en cinco anos. O segundo posto foi para a debutante  Esther Rodríguez Díez, con 31 minutos e 26 segundos. Terceira foi María Jesús Gestido, con 31 minutos e 52 segundos.

Fonte: www.lavozdegalicia.es