martes 25 xuño 2019

O CONCELLO DE BOBORÁS CELEBRA A 4ª EDICIÓN DO SEU TRAIL NOCTURNO

O vindeiro sábado 29 de xuño celebrase a 4ª edición do Trail Nocturno de Boborás, unha fermosa cita que partirá da Ponte da Cruz, enclave histórico do Concello de Boborás, e rematará no polideportivo municipal do municipio.

As inscricións estarán abertas ata o vindeiro xoves 27 de xuño ás 23:59 horas (ligazón)

A proba entra dentro da especialidade do Trail Running e forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.