martes 16 abril 2019

O CONCELLO DE COSPEITO ORGANIZA O 5 DE MAIO UNHA CARREIRA POPULAR (Fonte: www.elprogreso.es)

A I Carreira Popular de Cospeito, organizada polo  Concello coa colaboración da Federación  Galega de Atletismo, da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores -SD  Muimenta, CF Cospeito,  BTT  Lagoa de Cospeito,  Game  Sport, Panadería Rozas,  Facenda  Farruquiño, Autocares  Darriba e Autocares Suso Vigo-, celebrarase o próximo 5 de maio.

O prazo de inscricións xa está aberto e os interesados poden anotarse nesta cita en www.carreirasgalegas.com ata o día 2. Todo o diñeiro que se recade destinarase á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Haberá unha proba absoluta, cuxo circuíto de 14 quilómetros arrincará ás 11.00 horas de  Muimenta e levará aos participantes ata a capitalidade municipal de  Feira  do Monte, onde se instalará a meta.

Fonte: www.elprogreso.es