O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense chega hoxe á súa terceira cita coa proba do centro. Entre as 12.00 e as 12.30 horas darase a saída ás catro categorías inscritas para percorrer un circuíto que terá o seu punto de partida e a meta na rúa do Paseo. Os maiores deberán dar un total de catro voltas, ata completar 5,6 quilómetros. Tras a celebración das carreiras de Ou Vinteún e a nocturna do Couto, a cita desta mañá abrirá unha paréntese estival que se pechará en setembro coas carreiras do campus universitario e A Pote.