venres 28 setembro 2018

O DOMINGO FINALIZA O PRAZO EXTRAORDINARIO DE ISNCRICIÓN DA XII CARREIRA POPULAR CORUÑA 10 (Fonte: www.coruna.gal)

A inscrición en liña estará operativa ata as 23:59 horas do 30 de setembro de 2018, na web www.carreirasgalegas.com Recordarmos a todos que non se admitirán inscricións fora de prazo, nin incompletas.

Os dorsais estarán deseñados segundo os tempos que as e os atletas teñan como marca nos 10 quilómetros.  

Existirán 5 tipos de dorsais, coa cor corresponde ao seu caixón que serán verde, vermello, laranxa, azul e morado.

Poderanse recoller no Departamento de Deportes de El Corte Inglés ubicado na rúa Ramón y Cajal, 57 e 59 (A Coruña),  nos seguintes días e horarios:

  • Venres 5 de outubro, de 17 h  a 21.30 horas
  • Sábado 6 de outubro, de 10.00 a 21.30 horas.

De xeito extraordinario, e para todas as e os atletas residentes fóra da cidade, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 7 de outubro, ata unha hora antes do comezo da proba, na zona da saída da proba popular. Aconsellamos, a recollida anticipada para evitar aglomeracións de última hora.

Para as e os atletas das categorías inferiores, a entrega realizarase tamén o domingo día 7 até unha hora antes da saída de cada unha das categorías.